OPINION

POR FIN, BASTIDA EN LIBERDADE/POR RAFAEL PILLADO

 
“Ladran -amigo Sancho-,
luego, cabalgamos”
Por fin, Bernardo Bastida, Patrón Maior da Confraría de Pescadores e Mariscadores, lexítimo representante, recuperou a súa liberdade sin fianza. É o resultado da acción de cantos se movilizaron e marcharon a Teixeiro.”Bastida somos todos”, foi, durante estos días, un rehén dos intereses económicos e políticos que representa Reganosa e asumen xentes da Xunta de Galicia. O encarcelamento pretendía parar a firme oposición a que a planta de gas siga chantada no medio da ría.
No debate en Localia sobor da planta, Javier Carro afirmaba que, colocada en Mugardos non era unha bomba. Antes, decía que era unha “barbaridade”. Vexan vostedes o que supoñen 12 millons de bombonas nos tanques de Reganosa, cando unha fuga de gas-cidade en Palencia arrasou tres bloques de vivendas.
Todo consiste en asumir a estratexia da regasificadora, sacando importancia e escondendo todoslos riscos que acumula. Empezou a empresa por ampliar os muelles de Forestal, como si foran para ela; fixeron recheos sin definir os seus obxetivos; por fin, anunciaron un proxecto de planta de gas, que sorprendeu a todos os informados. Parcelaron aquel proxecto, ocultando a maior parte dos contidos. Feitos consumados.
Ese plantexamento de ocultación e engano, se mantén con unha campaña publicitaria descomunal, abusando de recursos económicos sin límite. ¡O gas non arde, dicían!
Outros siguen o mismo guión, coa táctica empresarial de “divide e vencerás”. Promoven a idea de que son soio mariscadores os movilizados. Que ninguén máis está ameazado. Que Bastida é unha cousa, e outra os mariscadores; que unha cousa é a productividade da ría e outra o efecto das augas contaminadas, cloradas e máis frías. Xuzgan que hay que separar a ilegalidade da planta, da inseguridade etc., etc. Non queren nin oir falar da unidade de tódolos afectados, da dimensión brutal de tódalas circunstancias da planta.
Non hai que facer moito esforzo para localizar a misma táctica de certos responsables (ou irresponsables) políticos. ¡Que fale a xusticia!, din uns. ¿Para que foron elexidos,?¿ por que cobran?. Que deixen gobernar os xuices, enton.
¡Non é o mellor emprazamento! Dínnolo tamén os dirixentes de Reganosa, coa cínica confesión da súa grave responsabilidade. Pero reafirmano algúns dirixentes que se chaman progresistas.
¡Agora xa está feita! Olvídanse de que coñeceron os plans de Reganosa dende antes de escomenzar as obras. Pero, ¿que farían esos mismos políticos si encontraran una bomba baixo da súa cama? ¿Sacaríana? ¡Total xa está posta!
¡É moita a inversión!, se apuran a afirmar. Cabe respostar que, quen constrúe ilegalmente, xa sabe o que lle espera. Pero, ademáis, ¿canto costa unha soia vida perdida?
E agregan, ¡Reganosa é estratéxica! Si non poideramos achegar gas por gaseoducto, falaríamos de que o gas é estratexico. ¿E non sería igualmente estratéxica a regasificadora fora da ría?
Negámonos a aceptar ese razonamento. Ninguén ten dereito a impoñernos o seu interés, si con iso se vulnera a legalidade, se pon en risco a vida e se acaba co traballo e o medio de vida de centos de familias traballadoras do mar.
“Non hai peor cego
que aquel que non quer ver”